CCOO ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal da sanidade privada sobre o convenio

O sindicato coida «absolutamente insuficiente» a oferta económica formulada pola parte empresarial
Publicado por o día 06/02/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

CCOO ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal da sanidade privada sobre o convenio
A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal do sector privado sobre o convenio do ámbito. O sindicato coida «absolutamente insuficiente» a oferta económica formulada pola parte empresarial, pero tamén critica que non haxa melloras noutros aspectos.
 
Após varias reunións para negociar o convenio, a patronal propón un 0,25 % de incremento salarial para cada un dos anos 2017, 2018 e 2019, e do 0,5 % para 2020 e 2021. CCOO rexeita a oferta por «irrisoria», máis aínda cando no período 2013-2015 non houbo salarial ningunha, polo que se trataría de incrementar apenas un 2 % os salarios nun «longo período» de oito anos —de 2013 a 2021.
 
CCOO critica tamén que a patronal non formule ningunha mellora social, agás no caso da equiparació nsalarial de enfermeiras e enfermeiros ao colectivo de fisioterapeutas, o que se faría nun prazo de cinco anos —entre 2017 e 2021.
 
O sindicato reproba tanto a oferta como a actitude amosada pola patronal e coida que «moito terían que mudar as cousas» para que na xuntanza do próximo día 14 se chegue a un acordo.