CCOO, volve a gañar as eleccións sindicais na área sanitaria de Vigo

Publicado por o día 24/05/2019 na sección de CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo

CCOO, volve a gañar as eleccións sindicais na área sanitaria de Vigo

Nas eleccións sindicais celebradas o xoves día 23, CCOO rivalida a súa victoria na área sanitaria de Vigo. Gañando nas 2 mesas do Hospital do Meixoeiro por una ampla ventaxa e tamén gaña en 3 das 4 mesas do Hospital Álvaro Cunqueiro.

CCOO que pasa de ter 7 delegados a ter 8, entende que o resultado é un refrendo a actividade desenvolvida en Vigo.

CCOO, reitera o seu compromiso para seguir defendendo os interes de todos e reixeitando calquer práctiva corporativa que busque o enfrentamento, a crispación e división.

CCOO, quere poñer a defensa da sanidade pública e neste senso pelearemos por rescatar o Hospital älvaro Cunqueiro para a sanidade pública e poñer no lugar que lle corresponde os hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña e conquerir en primaria e especializado incrementos de plantilla para atender os usuarios con dignidade, combatiremos a precaridade laboral e apostamos pola recuperación de dereitos.

CCOO, agrade a fidelidad dos seus afiliados, agradece o votos de moitos traballadores e esperamos devolver con traballo a confianza otorgada.