O CEIP Conmeniño acolle un obradoiro de sensibilización sobre reutilización de textil usado

O taller foi impartido pola ONG Humana, que conta con puntos de recollida no Concello do Grove
Publicado por o día 22/01/2018 na sección de Galicia

O CEIP Conmeniño acolle un obradoiro de sensibilización sobre reutilización de textil usado

O Colexio Conmeniño acolleu a pasada semana un obradoiro de sensibilización sobre a importancia da prevención de residuos e a reutilización de textil usado. A actividade denomínase “Hai roupa tendida”, e nela participaron 44 nenos e nenas de 3º e 4º de primaria que participaron activamente na proposta.  A actividade consistía en confeccionar títerese a partires dun calcetín, anacos de tela, botóns e lá; tamén aprenderon a elaborar unha bolsa a partir dunha camiseta reutilizada.

O principal obxectivo deste obradoiro é difundir a importancia da prevención de residuos e a reutilización do textil usado, a súa relación coa sustentabilidade global, a protección do medio ambiente e a cooperación ao desenvolvemento. Tamén persegue achegar a problemática ambiental e social, relacionada coa roupa a un público familiar, así como os beneficios de adquirir hábitos de prevención e reutilización, e fomentar a súa participación e colaboración.

Esta iniciativa forma parte do programa de sensibilización de Humana, como complemento a labor de recollida textil usado que Humana realiza no Grove.