Os socios do Centro Galego de Barcelona celebraron esta tarde na sede da entidade o tradicional Magosto que, como todos os anos por estas datas, organízase na mesma. Ademais de castañas, que constitúen o centro desta festa tan arraigada na cultura galega, os asistentes puideron degustar viño e outros produtos gastronómicos típicos de Galicia.
O Magosto forma parte das actividades organizadas polo Centro Galego para promover a convivencia entre os socios á vez que preservar e realzar as tradicións galegas. Actividades que se compaxinan coas destinadas a difundir a cultura e os valores de Galicia e aqueloutras que teñen por obxectivo profundar no coñecemento de Cataluña e contribuír á integración de ambas as culturas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.