Vigo acollera o I Torneo Mixto Federativo de Roller Derby “Cidade de Vigo”

Por o 10/12/2018 | Sección: Deportes,Galicia,Vigo
Vigo acollera o I Torneo Mixto Federativo de Roller Derby “Cidade de Vigo”
O próximo 15 de decembro celebrarase en Vigo o I Torneo Mixto Federativo de Roller Derby “ Cidade de Vigo”, baixo o auspicio de Concello de Vigo e Federación Galega de Patinaxe.
 
Nesta ocasión será o equipo masculino vigués, Lobishomes MRD, o anfitrión deste Torneo que terá lugar no Pavillón Municipal de Candeán.
 
Xogadores e xogadoras de distintos equipos de Roller Derby de toda a xeografía peninsular (España e Portugal) integraranse en tres formacións mixtas e enfrontaranse a triplo partido para alzarse coa Copa desta primeira edición do Cidade de Vigo de Roller Derby.

O Roller Derby é un deporte de contacto, rápido e divertido que se practica sobre patíns tradicionais nunha pista ovalada. A nivel mundial hai máis de 1.400 ligas tanto profesionais como amateurs.

O Roller Derby caracterízase por ser autogestionado, por e para patinadores, no que se fomenta un movemento social no que rompe coas diferenzas e lóitase pola inclusividad e igualdade de xénero no deporte. Nun equipo todas as persoas son iguais.

Un encontro de Roller Derby dura unha hora, dividido en dous períodos de 30 minutos e é disputado por dous equipos. Cada encontro está conformado por varias carreiras de 2 minutos (denominadas “ Jams”) nas cales un patinador (denominado “ Jammer”) pode anotar puntos por cada rival que pasa legalmente, e para isto conta coa axuda doutros catro xogadores (“ Blockers”), que ademais van bloquear á xente do equipo contrario.

 
Os partidos comezarán pola mañá, ás 11:00, e estenderanse ata as 20:00 horas da tarde do mesmo día. A entrada será totalmente gratuíta e sortearanse, entre as persoas asistentes, cestas e diversos produtos das entidades colaboradoras.
Esta primeira edición non podería celebrarse sen a axuda dos xa mencionados Concello de Vigo e Federación galega de Patinaxe, sen esquecer a inestimable achega de  Frutas Nieves, DXiro, Xanela moda feminina, Naviera Nabia, Barbería Savoy e Frutas La Generosa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.