Esta tarde-noite comeza o segundo Festival de Poesía Poemaria 2017

Publicado por o día 16/06/2017 na sección de Cultura,Vigo

Esta tarde-noite comeza o segundo Festival de Poesía Poemaria 2017

Esta fin de semana celebrarase a segunda edición do festival Internacional PoemaRia Vigo durante o 16, 17 e 18 de xuño, que comezou en xuño de 2016 coa intención de escoitar especialmente a voz das Mulleres na Poesía.

O encontró anual de Poesía internacional de xuño é o colofón a tódalas actividades ao longo do ano e situaría a cidade sobre a ría entre as Cidades da Literatura de Europa sendo un escaparate para o mellor e máis recoñecido talento das letras na esfera galega, nacional e internacional. Ademáis a editorial madrileña Amargord creará unha nova colección Poemaria coa publicación dunha antoloxía anual do festival con diseminación en España e Latinoamérica.

Despois do éxito que supuso Poemaria 2016, en 2017 levamos a cabo durante todo o ano actividades de Poesía fomentando o diálogo entre a Poesía galega coa do exterior (tal e como foron o recital de Poesía arxentina en marzo e o obradoiro Marcelo Díaz, a presentación do libro bilingüe en galego e inglés Six Galician Poets, ou os intercambios poéticos entre Irlanda e Galicia a través das lecturas de La Malinche etc.). Ademáis, durante as últimas cinco semanas previas ao festival organizamos obradoiros de Poesía no Salón do MARCO que foron un éxito rotundo de público.

En 2016, Poemaria xa supuso unha sinerxia de artes, mesturando poesía con música, performance ou teatro en diferentes emplazamentos da cidade. Ademáis de favorecer este intercambio de poéticas, o principal obxectivo de Poemaria 2017 é ser unha plataforma para o recoñecemento das Mulleres na Poesía.  Neste sentido, Poemaria pode xa anunciar a participación da orixinalísima, innovadora e indispensable poeta galega Yolanda Castaño que recitará o sábado xunto a autora portuguesa de referencia Ana Luísa Amaral. Na inauguración do venres contaremos coa poeta andaluza Carmen Camacho e as galegas María do Cebreiro e Estíbaliz Espinosa.

Ademáis, haberá outras lecturas de poetas con traxectoria editorial consolidada de Irlanda como Paul Casey, Portugal como Filipa Leal ou Ana Luísa Amaral, Córdoba, como María Sánchez, e as voces máis salientables do panorama galego coma Antía Otero, Xina Vega, Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Pichel, María Reimóndez ou Isaac Xubín.

Este ano ademáis do apoio determinante das autoridades municipais e provinciais do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, tamén contamos co da Embaixada de Irlanda ou o Centro Camões.

Keith Payne (Dublín) e Patricia Sánchez Abeal (Vigo) dirixen Poemaria. Teñen moitos anos de traballo en poesía, no mundo editorial e na organización de eventos internacionais.

Tendo vivido no estranxeiro moitos anos son as mellores persoas para mesturar o talento internacional co mellor talento vigués.