Celta 3 – Almería 1, bruxas fóra

Publicado por o día 01/12/2013 na sección de Celta,Deportes,Fútbol

Celta 3 – Almería 1, bruxas fóra

Foto: facebook.com/realclubcelta

  Co frío dos últimos días ata as bruxas que acompañaban ao Celta en Balaídos nos últimos meses parecen terse ido e os locais conseguiron o triunfo, medio ano despois por 3 goles a 1.

  Pero non é ouro todo o que reloce, o Almería golpeaba primeiro, corría o minuto 9 e Suso, poñía o 0 a 1 dende un tiro da frontal que non puido parar Yoel. Duro golpe nada máis comezar o partido ante un rival directo na loita pola permanencia. Lonxe de afundirse, o Celta mostrou a súa mellor cara e aínda que tivo varias ocasións con anterioridade, Orellana zarpaba dende a banda e rematou a xogada poñendo o empate a uns no minuto 25, un resultado mais xusto para o pouco que facían os almerienses. Nos 20 minutos seguintes antes de chegar ao ecuador do partido, o Celta puido adiantarse por medio de Alex Lopez e Charles.

No segundo período, o obxectivo dos de Luis Enrique parecía claro, seguir coa mesma intensidade que na primeira parte e xerar ocasións de gol que adiantasen ao equipo, como así sucedeu no minuto 49, cando Borja Oubiña poñía o 2 a 1 despois dun fallo na liña de fóra de xogo da defensa do Almería.

Nove minutos despois, no 58, Charles poñía o definitivo 3 a 1. O dianteiro buscara o gol en varias ocasións e por fin chegaba a recompensa a un gran partido en xeral dos celestes que se encontraron cun gol temperán do Almería e pouco máis, xa que Yoel case non tivo que intervir ao longo do partido.

O mister Luis Enrique, ao finalizar o partido en rolda de prensa, ironizaba con que por fin podería saír a cear por Vigo ante o refacho de malas resultados que viñan obtendo os celtiñas no seu feudo.

Celta: Yoel, Hugo Mallo, Costas, Aurtenetxe, Toni (Jonny, min.59), Oubiña, Krohn-Dehli (Nolito, min.76), Álex López, Rafinha (Augusto, min.65), Orellana y Charles

Almería: Esteban, Torsiglieri, Dubarbier (Raúl García, min.75), Trujillo, Nelson, Aleix, Soriano (Barbosa, min.65), Azzez, Verza, Suso y Óscar Díaz (Dani Romera, min.70)