O Celta B non puido cun Atlético B moi práctico que acertou nunha xogada de estratexia executada con velocidade para sorprender aos celestes. O equipo vigués tentouno sen desmaio, pero careceu de acerto no remate.
O filial dispuxo dun par de espléndidas ocasións no arranque, que non puido aproveitar, e deron paso a un ida e volta constante, con moita igualdade e chegadas en ambas as áreas. Non houbo acerto e o descanso chegou sen goles.
Tras a continuación, boas chegadas do filial celeste e nunha xogada de estratexia executada con velocidade, gol do Atlético aos 11 minutos de xogo. Gran disparo de Sergi que se coa pola escuadra para adiantar aos visitantes.
O Celta B foise arriba de maneira decidida para empatar o choque ante un rival envorcado na contra, e acumulou ocasións para facelo, pero sen acerto no remate final. Os celestes tentárono con afán, pero sen fortuna, Dura derrota para un Celta B carente de fortuna.
0- Celta B: Sotres, Riki, Alende, Robert Costa, Pampín, Rai, Dani Molina, Sebastiá, (Pastrana, min.63), Agus (Denis, min.73), Juan Hernández e Deixan Drazic
1- AT Madrid B: San Román, Solano, Montoro, Rafa, Sergi (Isaac, min.83), Keidi, Toni Moya (Mikel, min.86), Arona (Rentero, min.76), Jorge Ortiz Manny e Salomón
Goles: 0-1, min.56; Sergi
Árbitro: Viladez Díaz, do comité asturiano. Amoestou a Dani Molina, Rai, Keidi, Arona, Toni Moya, Salomón, Rentero
Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores
Noticias de última hora en Vigo