CEMMA celebrará a Xornada TurGaSur para amosar os resultados da Campaña de mostraxes TurGaSur

O vindeiro venres 4, ás 19:30 h, no Liceo Marítimo de Bouzas, a CEMMA celebrará a Xornada TurGaSur para amosar os resultados da Campaña de mostraxes TurGaSur, e para presentar o Catálogo TurGaSur de fotoidentificación dos arroaces (Tursiops truncatus) das Rías Baixas e Manual de boas prácticas de navegación.
Publicado por o día 03/10/2019 na sección de CEMMA,Galicia,Social,Vigo

CEMMA celebrará a Xornada TurGaSur para amosar os resultados da Campaña de mostraxes TurGaSur

O vindeiro venres 4, ás 19:30 h, no Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo), a CEMMA celebrará unha xornada ambiental para dar a coñecer os resultados da Campaña de mostraxes TurGaSur, e para presentar o Catálogo TurGaSur de fotoidentificación dos arroaces (Tursiops truncatus) de Galicia Sur e Manual de boas prácticas de navegación.

A Campaña TurGaSur consta dun total de 20 mostraxes que foron realizados nas augas da Ría de Vigo e zonas próximas empregando a técnica de fotoidentificación. Concretamente, o estudio levouse a cabo nas áreas Rede Natura 2000: ZEC Illa de San Simón, ZEC Costa da Vela, ZEC Illas Cíes, ZEC Illas Estelas e ZEPA Espazo Mariño Rías Baixas.

Nestas 20 mostraxes se realizaron un total de 116,3 h de observación ao longo de 1089,5 km de transecto de mostraxe. Se rexistraron un total de 52 avistamentos de arroaces (Tursiops truncatus), realizándose rexistros da presenza da especie en todas as mostraxes. A duración total destes avistamentos foi de 28,2 h. Durante este período de monitorización dos cetáceos, foron realizadas un total de 27.776 fotografías. Cabe destacar especialmente a participación dun total de 38 persoas voluntarias, que recibiron formación técnica específica para participar nestas mostraxes.

O Catálogo TurGaSur de fotoidentificación dos arroaces (Tursiops truncatus) de Galicia Sur e Manual de boas prácticas de navegación foi creado a partir do traballo de fotoidentificación realizado pola CEMMA en Galicia ao longo dos últimos 20 anos, incorporando os resultados das mostraxes TurGaSur.

Para realizar o catálogo, foi preciso revisar máis de 100.000 fotografías e analizar a información de máis de 1.500 avistamentos de arroaces.

Contén información detallada sobre os 150 arroaces que foron rexistrados con maior frecuencia nas augas da Rías Baixas. Para cada un destes exemplares se amosa un debuxo do perfil da súa aleta dorsal, que permitirá recoñecelo en futuros avistamentos, xunto cunha información básica referida ao seu historial: en qué ano foi rexistrado por primeira vez, en qué zonas das Rías Baixas foi observado, e cántas veces foi recapturado fotográficamente. Toda esta información técnica que se inclúe no catálogo, resulta imprescindible para poder profundizar en diferentes aspectos da bioloxía dos arroaces: estructura social, desprazamentos, dinámica poboacional, uso do hábitat, reproducción e grao de residencia.

O Catálogo TurGaSur contén información sobre arroaces que son coñecidos pola CEMMA dende hai máis de 20 anos, e outros que foron rescatados pola Rede de Varamentos de Galicia tras quedar varados vivos en determinados lugares da Ría de Arousa e de Pontevedra, e que posteriormente, foron observados na Ría de Vigo durante as mostraxes TurGaSur.

Por último, o Catálogo TurGaSur contén un manual de boas prácticas de navegación, dirixido especialmente á náutica deportiva, no que se amosa a lexislación que regula a protección dos cetáceos, e se indica cómo se deben comportar as embarcacións ante a presenza dos arroaces.