Un cento de maiores participa na excursión do Concello de Nigrán ao Carballiño

Forma parte do programa de Turismo Social do Concello e inclúe a visita ao templo de Veracuz, paseo fluvial polo Arenteiro e visita aos muíños.
Por o 25/10/2017 | Sección: Galicia,Nigrán
Un cento de maiores participa na excursión do Concello de Nigrán ao Carballiño

Un cento de maiores de Nigrán participan hoxe na excursión ao Carballiño (Ourense) organizada polo Concello de Nigrán dentro do seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira (viaxe inicialmente prevista para o día 19 pero que foi posposta polo loito oficial do Concello de Nigrán).

En total, 107 xubilados partiron hoxe ás 8.30 horas dende o consistorio, estando o regreso estimado ás 21:00 horas. A viaxe incluíu visita ao tempo de Veracruz (onde foron recibidos polo alcalde de O Carballiño), comida, paseo fluvial polo Río Arenteiro e visita aos muíños. A visita ao Mosteiro de Oseira foi anulada ao estar pechado trala vaga de lume que tamén afectou a esta zona.

Trátase da segunda edición do programa de turismo social do Concello de Nigrán, este arrancou o mes pasado cunha visita ás terras do Salnés e se realizarán máis de aquí a final de ano. O Goberno local de Nigrán entende que viaxar “non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.