Centos de Patelos aparecen mortos na praia do O Mende do barrio vigués de Teis

Publicado por o día 27/03/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Centos de Patelos aparecen mortos na praia do O Mende do barrio vigués de Teis

Centos de Patelos aparecen mortos na praia do O Mende do barrio vigués de Teis no día de onte, esta praia atópase pegada á depuradora, a alerta dábaa unha veciña nas redes sociais pasadas ás 13h da tarde, esta comenta que alí se presento dúas horas antes a policía, narra, tamén manifesta que na zona había un forte cheiro a combustible.
 
Esta veciña tentou salvar todos os Patelos posibles ao mar pero atopábase soa xa que como di era incapaz de miralos agonizar na area baixo o sol; mais escapaban del, precisamente.
A veciña puso en coñecemento do Concello de Vigo deste suceso, agarda algunha resposta pola sua banda. Por outra banda máis tarde foi ata a Praia de Arealonga e non atopou ningún Petelo no seu areal.
 
O Patelo é unha especie moi común en todas as augas galegas, aparecendo a miúdo en arrástrelos efectuados tanto nas rías como na plataforma continental, ata os 300 m de profundidade ou máis. Aínda que é bentónico, o patelo presenta fases peláxicas, achándose en moitos casos en toda a columna de auga. Realiza grandes migracións, ao parecer relacionadas con cambios da temperatura da auga e os ciclos reprodutivos.
 
Chega ás rías principalmente nos meses de verán, presentándose os machos en maior proporción, dándose usualmente unha segregación por sexos. Alcanza densidades moi grandes tanto nas rías como no andén,  chegando a prexudicar os traballos da pesca doutras especies de maior interese comercial.
 
Dado o seu escaso valor económico chegouse a empregar para fertilizar as terras de cultivo, e foi obxecto noutro tempo dunha pesqueira específica con estes fins. Por outra banda, realizáronse estudos bromatolóxicos para o seu posible uso na fabricación de pensos.