Centos de persoas mobilizáronse en toda Galicia para esixir salarios e emprego dignos e se poña o freo ao encarecemento da vida

entos de persoas participaron esta mañá nas concentracións convocadas por UGT e CCOO nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e na manifestación de Santiago para demandar salarios e emprego dignos e que se poña o freo xa ao encarecemento da vida.
Publicado por o día 20/02/2017 na sección de CC.OO,Protestas,UGT,Vigo

Centos de persoas mobilizáronse en toda Galicia para esixir salarios e emprego dignos e se poña o freo ao encarecemento da vida

Denunciaron que os prezos continúan subindo, mentres os salarios están perden poder de compra, o que fai que a desigualdade aumente progresivamente e tamén o número de familias en situación de exclusión ou próximas á pobreza.

De feito, España é o país da OCDE no que máis medrou a desigualdade desde o inicio da crise, só por detrás de Chipre, e os niveis de pobreza e exclusión social xa afectan a 13,4 millóns de persoas, o 29,2 % da poboación española.

CCOO e UGT reiteran que nos últimos anos a cidadanía tivo que afrontar a perda progresiva de poder adquisitivo dos salarios, das pensións e das rendas de protección, o que está a xerar un crecemento sostido da desigualdade. Isto é consecuencia do forte aumento do desemprego e da xeneralización da precariedade laboral, así como da suba dos prezos das subministracións básicas, electricidade, gas e auga.

A imposición de políticas de austeridade e continuos recortes, tanto no eido social como laboral, disparou as taxas de desemprego ata niveis insoportables e provocou a dualidade do mercado de traballo. Isto derivou nunha sociedade máis empobrecida e nun retroceso inxustificado de dereitos sociais e laborais.

A tímida recuperación económica que se rexistra desde o 2015 non está a chegar nin aos salarios nin á rede de protección social. E, por se fose pouco, a cidadanía ten que afrontar a suba do custo dos servizos básicos.
Os gobernos non poden mirar para outro lado e as organizacións patronais tampouco porque son culpables do que. Neste senso, dende ambos os sindicatos apélase á necesidade de romper co inmobilismo da patronal, que segue sen dar resposta á proposta sindical de aumento salarial para 2017 (entre o 1,8 e o 3 %), cando o ipc de xaneiro xa se situou nun 3 %.

Os secretarios xerais de UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia demandaron subas salariais que permitan gañar poder adquisitivo, a suba das pensións e das rendas de protección; subas que permitan recuperar o poder compra, retomando o ipc como índice de actualización.

Os dirixentes sindicais tamén criticaron os perniciosos efectos das últimas reformas laborais, pois xa provocaron que de cada cen contratos que se asinan, 91 sexan temporais e 9 indefinidos, e só cinco son indefinidos a tempo completo. Así, a taxa de temporalidade xa é de máis do 26 % e os contratos duran cada vez menos: a cuarta parte menos de sete días.

Por todo isto, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión tamén reclamaron máis e mellor emprego e insistiron en que cómpre seguir loitando contra a precariedade laboral, contra a brecha salarial, pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizos públicos, por unha prestación de ingresos mínimos que axude a combater a desigualdade e a pobreza, e pola derrogación das reformas laborais.