Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza andaina nocturna “O camiño do terror”

Na anterior edición participaron preto de mil personas nos dous días.
Por o 08/08/2017 | Sección: Cultura,Galicia,Nigrán
Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza andaina nocturna “O camiño do terror”

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, coa colaboración do Concello de Nigrán, organiza este venres e sábado a terceira andaina nocturna “O camiño do terror”, que o ano pasado reuniu a preto de mil persoas.

Os interesados en participar no “Camiño do Terror” deben inscribirse previamente no teléfono 628986597 e abonar 5 euros en concepto de seguro.

Trátase dunha andaina de 5 quilómetros chea de escenas de medo polos camiños de Monte Castelo e con parada no Mirador dos Mouros. Nesta edición variouse un pouco o percorrido e cambian os sustos, realizándose en grupos de 30 persoas. Ao finalizar os participantes recibirán un chocolate. A saída será dende o campo de futbito de Parada (á altura de Rúa Refina nº 19). Para máis información e inscricións os interesados poden contactar no teléfono 628 986 597.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.