O centro de saúde da Milagrosa exemplifica o abandono sanitario do Goberno de Feijóo

Os profesionais aseguran que o centro é inoperativo e obriga aos pacientes a situacións inadmisibles na espera e nos tratamentos
Publicado por o día 25/03/2017 na sección de En Marea,Galicia,Lugo,Política,Sanidad,Vigo

O centro de saúde da Milagrosa exemplifica o abandono sanitario do Goberno de Feijóo

Son catro plantas de consultas, pero só hai un ascensor para que os pacientes poidan subir para ser atendida. O centro de saúde da Milagrosa atende a 30.000 persoas e o edificio no que está instalado non ten capacidade física para ofrecer todas as coberturas. Os profesionais do centro aseguraron ao voceiro do GP de En Marea, Luís Villares, todas as carencias do centro, que fan imposible ofrecer unha atención minimamente aceptable.

Para Luís Villares, o centro de saúde da Milagrosa “exemplifica o abandono sanitario do goberno de Feijóo, que permite que os cidadáns, os pacentes e os traballadores da sanidade, teñan que sofrer circunstancias imposibles de aceptar para unha cobertura sanitaria deste tempo”. Para o voceiro parlamentario de En Marea, a situación do centro é “insostible” porque “está privando aos pacientes dunha atención á que teñen dereito e está privando aos profesionais a posibilidade de facer un traballo en condiciones mínimas de eficacia”.

Acompañado pola tamén parlamentaria de En Marea, Paula Vázquez Verao, e polos concelleiros de Lugonovo Santiago Fernández Rocha, Iñaki García e Cristina Pérez Herráez, comprobaron como o centro de saúde da Milagrosa non cumpre con ningún dos requistios mínimos para cumprir a súa función. Entre outras deficiencias, a sala do soto, onde se atende cada mañá a unha media de 80 extraccións de sangue, é minúscula e a primeiras horas do día está completamente atestada. No mesmo sentido, as pacientes deben agardar polas consultas nos corredores do centro. Entre outras situacións absurdas para un edificio de atención sanitaria, as catro plantas nas que se presta atención só están comunicadas por un ascensor o que dificulta ata a imposibilidade o acceso dos doentes ás plantas superiores do centro.

Desde o punto de vista do personal, os profesionais da Milagrosa sinalaron que non se están cubrindo as quendas de vacacións e, polo tanto, eses pacientes quedan sen atender ou son forzados a ser atendidos por profesionais que xa están sobrecargados de traballo.

REUNIÓN COS PROFESIONAIS DO HULA

Luís Villares, Paula Vázquez Verao e Cristina Pérez Herráez reuníronse cos profesionais de todas las ramas do HULA. Os profesionais explicaron todo o sistema de carencias que ten a atención hospitalaria en Lugo, que ten problemas comúns á de outros complexos hospitalarios galegos. Segundo os profesionais, unha parte fundamental do problema é que non se está prestando unha atención eficaz pola falta de personal en todos os servizos.