O Centro Xuvenil Abertal organiza as V Mañás de Entroido para nenos de 3 a 12 anos

A oferta está aberta a todos os interesados en participar.
Por o 16/02/2017 | Sección: Cultura,Vigo
O Centro Xuvenil Abertal organiza as  V Mañás de Entroido para nenos de 3 a 12 anos

Serán 3 días de actividade durante as vacacións de Entroido, os días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo, nas instalacións do Centro Xuvenil. Nesta cuarta edición o horario de actividade será de 09:30 a 14:00 h., coa posibilidade de ofrecer un servizo extra para a conciliación da vida familiar e laboral en horario de 8:45 a 09:30h.

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover un Entroido activo e participativo axeitado ás idades dos participantes, favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo e valorar e gozar coas tradicións máis propias da nosa cultura.

Os destinatarios son nenos e nenas desde 4º de E. Infantil (3 anos), ata 6º de E. Primaria incluídos. Contamos con 50 prazas. Estas prazas estarán repartidas do seguinte xeito: 25 prazas para E. Infantil e 25 prazas para E. Primaria.

Os prezos son os seguintes:

  • Cota: 20€
  • Servizo extra de 8,45 a 9:30h: 1 euro/día.

Podedes facer as inscricións en Abertal do 10 ao 20 de febreiro