O Teatro Principal acolle mañá pola tarde, a partir das 21.00 horas, a proxección do documental Cerponzóns a milproducido con motivo da celebración dos 1.000 anos da parroquia. O Concello de Pontevedra colabora coa asociación de veciños O Chedeiro na organización da programación coa que Cerponzóns está a celebrar o seu milenio.
As actividades previstas para os vindeiros días está a proxección do documental Cerponzóns a mil de Pablo Cacheda que gravou nun mes e medio e no que participan 40 veciños e veciñas da parroquia contando curiosidades e a súa historia.
O venres, 28 de xuño, ás 21.00 horas está prevista a presentación do libro 1.000 anos de historia en Cerponzónsno Centro Social de Pidre. A publicación foi encargada ao escritor Rodrigo Cota que explicou que foi un traballo colectivo procedente da investigación histórica dos veciños e veciñas da parroquia.
A celebración do milenio de Cerponzóns débese ao primeiro documento no que aparece o nome da parroquia. É un inventario no que o rei Alfonso V cede unha propiedade da parroquia ao Arcebispado de Compostela.
As actividades polo milenio de Cerponzóns continuarán nos vindeiros meses.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.