O certame literario MicroCatrorelatos elixiu onte dous novos finalistas nunha disputada eliminatoria

A última semifinal do concurso terá lugar no Café de Catro a Catro o 29 de abril.
Por o 01/04/2017 | Sección: Cultura,Vigo
O certame literario MicroCatrorelatos elixiu onte dous  novos finalistas nunha disputada eliminatoria
Compartir en:

O café de Catro a Catro acolleu onte a terceira semifinal do concurso MicroCatrorelatos, que nunha reñida e emocionante eliminatoria elixiu como finalistas os orixinais “Bullying”, de Alejandro Vaghetti, e “Dous xastres”, de Pociñas Domar. Estes autores participarán na final do mes de maio, xunto aos dous escollidos na semifinal de febreiro, “A veciña do 5oB” e “Fada de terra”, e os dous de xaneiro, “Nunca antes vira o mar” e “As balas de koch”.

A calidade literaria dos textos presentados a esta terceira semifinal fixo que os resultados das votacións de público e xurado estivesen tremendamente igualadas, nalgún caso só con un punto de diferencia entre os textos. Segundo o xurado (integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas”, este feito amosa a boa saúde da creación literaria en Vigo e o interese que esperta ano tras ano o concurso MicroCatrorelatos.

A próxima semifinal terá lugar o 29 de abril e para participar nela é necesario enviar os orixinais antes do día 15 dese mes, ás 23.59 horas, ao correo electrónico microcatrorelato@gmail.com. Os textos escollidos nesa eliminatoria uniranse aos seis xa elixidos e participarán na final do mes de maio. O xurado salienta que na final estarán en xogo dous premios: un correspondente ao outorgado polo xurado, que ascende a 300 euros; e outro outorgado polo público asistente, que consistirá en 200 euros.