CESM apoia a folga dos estudantes de Medicina porque ‘a formación é o alicerce fundamental dun profesional competente’

É precisa unha revisión e actualización dos plans de estudo para adaptalos á realidade do século XXI
Publicado por o día 07/11/2019 na sección de Cesm-Galicia,Sanidad,Sindicatos

CESM apoia a folga dos estudantes de Medicina porque ‘a formación é o alicerce fundamental dun profesional competente’

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia ( CESM) quere manifestar o seu rotundo apoio á folga que iniciaron os estudantes da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela o pasado martes porque ‘consideramos que as súas reivindicacións son xustas e imprescindibles’, para contar cunha formación adecuada, que é o alicerce fundamental dun profesional competente.

O Sindicato Médico apoia as mobilizacións dos futuros médicos porque entende que as ‘maratonianas’ xornadas de clase que teñen agora, de ata 11 horas diarias, non poden ser efectivas, dada a profusión e complexidade das materias que se abordan na carreira de Medicina.

A Central Sindical engade que se a esta situación sumamos a incompatibilidade horaria que se produce con frecuencia, ao solaparse unhas clases con outras e a falta de profesores, que é un feito constatable na actualidade, está claro que é precisa unha revisión e actualización dos plans de estudo para adaptalos á realidade do século XXI.

CESM Galicia sempre defendeu e defenderá a necesidade dunha formación sólida para poder exercer a medicina con seguridade e solvencia, e se iso supón que hai que introducir cambios e modificacións no sistema de ensino, ‘non podemos mirar para outro lado’.

O Sindicato Médico conclúe que estará á beira dos futuros profesionais da Medicina porque os entenden perfectamente, xa que en certo xeito ‘os facultativos sufrimos situacións similares no referente á sobrecarga de traballo cando falamos de axendas interminables, quendas dobradas, gardas e intersustituciones.