CESM denuncia unha sobrecarga de traballo do 30% en AP pola ‘incompetencia da Xunta’

A falta de previsión e planificación do SERGAS para cubrir as vacacións estivais dos facultativos provoca situacións de tensións
Publicado por o día 25/06/2019 na sección de Cesm-Galicia,Sanidad

CESM denuncia unha sobrecarga de traballo do 30% en AP pola ‘incompetencia da Xunta’

O Secretario Xeral da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM), Antonio Otero, denuncia a sobrecarga de traballo que sufrirán os facultativos de Atención Primaria un verán máis, con motivo das vacacións estivais, pola ‘falta de previsión e planificación da Consellería de Sanidade’, unha saturación que cifra en polo menos o 30%.

O Sindicato Médico acusa o Servizo Galego de Saúde de falta de planificación e previsión, posto que esta situación repítese todos os anos sen que traten de poñer solución ao problema, como sucede en momentos de exceso de traballo como cando chegan os episodios de gripe, momentos totalmente previsibles que as autoridades sanitarias ignoran.

O portavoz sindical explica que o exceso de traballo que provoca cadros de tensións agrávase cando falamos de lugares de afluencia turística como en determinadas áreas da costa galega, en localidades con grandes eventos que reúnen a miles de persoas como pode ser o Festival de Ortigueira, e en municipios que se atopan no itinerario do Camiño a Santiago.

En áreas como as citadas -indica Otero- os médicos de Atención Primaria poden chegar a atender a 70 pacientes nun día, xa que ademais dos contemplados na axenda preséntanse situacións de emerxencia e non programadas.

A desidia da Xunta cos profesionais da Sanidade Pública é total, porque a pesar das reiteradas denuncias dos representantes dos traballadores para resolver o problema, ‘os dirixentes políticos miran a outro lado’.

Só o esforzo e o entendemento entre os facultativos, duplicando ou triplicando o traballo ao asumir os pacientes dos compañeiros, permite que unha parte dos médicos poidan gozar do que é un dereito como as vacacións estivais.

O Secretario Xeral de CESM Galicia subliña que fronte aos reforzos de persoal que se producían no verán nestas zonas, a situación actual ha empeorado notablemente, ‘e en lugar de levar a cabo as substitucións por vacacións cos profesionais que integran a bolsa de traballo aprobada os facultativos temos que soportar unha sobrecargar de traballo realizando intersustituciones e prolongación de xornadas, unha situación que irremediablemente acabará por rebentar’.

A Confederación Española de Sindicatos Médicos en Galicia reprocha á Xunta que desatenda as reiteradas peticións formuladas para dar unha solución a un problema que se repite verán tras verán, e que acaba por saturar aos facultativos, provocándolles cadros de tensións e ansiedade e incrementando as listas de espera.

Comentar noticia

Your email address will not be published.