CESM mostra o seu ‘apoio incondicional’ ás demandas da Atención Primaria que levaron á dimisión de xefes de servizo de Vigo

Advirte de que isto é só a punta do iceberg e a situación está a estenderse a outras áreas como Ferrol onde non descartan mobilizacións
Publicado por o día 12/12/2018 na sección de Cesm-Galicia,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo

CESM mostra o seu ‘apoio incondicional’ ás demandas da Atención Primaria que levaron á dimisión de xefes de servizo de Vigo
A Delegación da Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia quere mostrar publicamente o seu ‘apoio incondicional’ ás demandas dos médicos de Atención Primaria que levaron á dimisión de 22 xefes de servizo da área Sanitaria de Vigo, e advirte á Xunta de que a situación pode estenderse a outras zonas de Galicia, como Ferrol, onde os facultativos xa están a valorar levar a cabo mobilizacións.
 
A Central Sindical lamenta que o Sergas ignorase as reiteradas denuncias públicas e chamamentos realizados nos últimos meses para acabar coa situación de precariedade que estes facultativos, con axendas interminables, prolongación de xornadas, dobrando quendas e cubrindo ausencias de compañeiros, o que impide que presten aos cidadáns o servizo de calidade que merecen.
 
CESM lembra, neste sentido, que o pasado mes de abril puxo sobre aviso á Xunta, instándolle a tomar medidas para evitar o colapso en Atención Primaria; en xuño denunciaba a situación de tensión e ansiedade que o 50% dos pediatras; en xullo atopámonos co peche de ata 8 días en distintos centros de saúde da Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo por falta de planificación do Sergas para cubrir vacacións; en agosto facía un chamamento ao Sergas para sentar en setembro a negociar a situación e resolvela dunha vez, e en setembro reclamaba ao Presidente Núñez Feijoo un itinerario claro para acabar coa precariedade laboral destes facultativos.
 
O Sindicato Médico lamenta que a Administración non atendese ningunha destas demandas e rexeita as explicacións que as autoridades sanitarias dan sobre esta situación, que cualifican de ‘problema puntual’ pola falta de médicos de familia e pediatras, o que os facultativos consideran unha ‘absoluta falta de respecto e ausencia de autocrítica’, xa que ‘a realidade é que coa creación das EOXI o orzamento en Atención Primaria reduciuse drasticamente, e coa chegada da crise, que parece interminable, a situación de agravou’.
 
A Confederación Española de Sindicatos Médicos en Galicia esixe, por último, que as autoridades sanitarias senten dunha vez por todas cos representantes sociais dos facultativos, para buscar solucións reais e urxentes, antes de que a situación convértase nun risco para a saúde laboral dos traballadores e os cidadáns asistan á paulatina deterioración do servizo que viñan recibindo.

Una respuesta para "CESM mostra o seu ‘apoio incondicional’ ás demandas da Atención Primaria que levaron á dimisión de xefes de servizo de Vigo"

  1. Cuchulain   13/12/2018 at 21:55

    Como puede tener la cara tan dura este sindicato que firma en blanco todas las peticiones de la Xunta. Cual fue la protesta oficial ante los problemas de los medicos en Galicia sin contar una carta que se tira a la papelera sin leerla. Un sindicato que firma una carrera profesional infectada y que en Cataluña y Andalucia se pone en huelga y en Galicia con las mismas reivindicaciones apoya a la Xunta. Alguien conoce a los delegados de la CESM?

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.