CESM solicita á Xunta que dote ao persoal sanitario que combate o Covid19 cos equipos protectores que eviten o contaxio

O Sindicato Médico fai un chamamento á cidadanía para que cumpra as normas e pautas dadas polas autoridades sanitarias
Publicado por o día 12/03/2020 na sección de Cesm-Galicia,Sanidad,Sindicatos

CESM solicita á Xunta que dote ao persoal sanitario que combate o Covid19 cos equipos protectores que eviten o contaxio

A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia solicita á Xunta de Galicia que dote a todo o persoal sanitario que combate o Covid-19, dos equipos protectores e medios materiais necesarios para evitar o contaxio dos profesionais que están a tratar aos pacientes e tentando evitar que o virus se estenda.

O Sindicato Médico considera imprescindible a aplicación destas medidas, para que quen se atopa ‘na primeira liña de combate fronte ao Covid-19’ fágano con todas as garantías e sen que corran riscos de contaxio innecesarios, porque unha situación cos profesionais da sanidade en corentena -engaden- podería agravar considerablemente a situación no resto da poboación.

CESM Galicia tamén fai un chamamento á toda a cidadanía para que cumpra as normas e siga as pautas que dan as autoridades sanitarias, que son quen mellor coñecen a forma de evitar o contaxio e a propagación do virus. Neste sentido os médicos fan fincapé na importancia das medidas protectoras que individualmente podemos facer todos como o lavado correcto das mans, evitar acudir a zonas moi concorridas, a reunións numerosas, manter unha distancia prudencial con outras persoas, non tocarnos continuamente a cara e zonas de fácil contaxio como boca, nariz ou os ollos e utilizar panos desechables cando sexa necesario, entre outras.

CESM considera tamén que a anulación das consultas rutineiras contribuirán a frear con maior contundencia a propagación do Covi-19.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.