Chan do Bosque presenta a Festa da Paella 2018 con Xulio Lorenzo como pregoeiro

A directiva da Asociación estivo acompañada por membros do equipo de goberno local
Por o 12/09/2018 | Sección: Galicia,Mos
Chan do Bosque presenta a Festa da Paella 2018 con Xulio Lorenzo como pregoeiro

Hoxe realizouse a presentación da Festa da Paella da A.V.V. Chan do Bosque no local social que a Asociación ten en Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda. Na presentación estiveron presentes o pregoeiro deste ano, o gaiteiro Xulio Lorenzo, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, Julia Loureiro, concelleira de Participación Cidadá e Urbanismo, os tamén edís mosenses, Camilo Augusto e Cándido Pérez, Mercedes Cabaleiro, presidenta da A.V.V. Chan do Bosque, Sergio Silva, vicepresidente da A.V.V. Chan do Bosque, e demais membros da directiva da Asociación Veciñal.

A Festa da Paella 2018 celebrarase durante os días 14, 15 e 16 de setembro.

Ademais da parte culinaria, a celebración contará cun interesante programa cultural así como actos relixiosos. O venres día 14 de setembro ás 22.00 horas representarase unha obra de teatro interpretada polo grupo de teatro A Cividade de Louredo.

O sábado 15 tamén ás 21.00 horas dará comezo o Concurso de Tortillas con premios ao Mellor Sabor, Mellor Presentación e Máis Orixinal. Tamén hai unha sección infantil do Concurso de Tortillas para nenos/as de ata 14 anos de idade. O sábado haberá degustación de chouripán e actuación dos grupos Amieiro, Acordeonistas e Algarabía. Celebrarase un bingo e rematarase cunha queimada

O domigo, día 16, os actos festivos comezarán xa pola mañá. Ás 10.30 horas oficiarase unha Misa no local social coa actuación da Coral Santa Eulalia de Mos. Posteriormente, ás 12.00 horas celebrarase outra Misa Solemne na Capela das Angustias e, de seguido, actuación do Grupo de Gaitas San Martín de Tameiga e Subasta de Prantas.

O Pregón este ano correrá a cargo do gaiteiro mosense da parroquia de Louredo, Xulio Lorenzo. Tras o Pregón chegará a actuación de Pés na Rúa.

Os asistentes a este evento gastronómico poderán degustar ademais do prato que dá nome á festa, a paella, un bo churrasco. A festa estará amenizada musicalmente polo grupo Trío M-3. Pola tarde tamén haberá unha actuación do grupo Barufanda.

Dende a organización anuncian que é imprescindible reservar nos teléfonos 670 233 772, 679 210 380, 661 228 284, 699 974 075.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.