Chapela pon o broche de outro ao Ciclo de Teatro Afeccionado

“Que é o que precisas?” é a obra que dará por concluida a sétima edición do ciclo teatral.
Por o 06/02/2019 | Sección: Eventos
Chapela pon o broche de outro ao Ciclo de Teatro Afeccionado

Este vindeiro sábado día 9 de febreiro remata o ciclo de teatro afeccionado de chapela, da man dunha producción da compañía Expresión Producciones, que leva por título “Qué é o que precisas?’”.

Será a partir das 20:30 horas, no Auditorio de Piñeiral do Crego, en Chapela.

Trátase dunha comedia de enredo, romántica, aderezada con algo de vinagre, tenrura, clown, humor, risas e moito amor, que porá a guinda final a este ciclo por este ano 2019.

Despois de catro obras representadas por diferentes grupos de teatro non profesional da comarca, e tras o éxito da pasada fin de semana coa producción do grupo de Chapela, cun cheo absoluto, a proposta é pechar cunha obra profesional que faga o broche de outro.

Esta obra é para todos os públicos, e a entrada será gratuita. Estará á disposición do público desde unha hora antes da función no propio multiusos de Chapela.

Este ciclo de teatro afeccionado organízase dende o Concello de Redondela, xunto coa Asociación Cultural e Social de Chapela, co fin de completar a oferta cultural nesta parroquia, a de maior poboación de Redondela, con propostas escénicas teatrais que tanto gustan ao público.

Durante o mes de febreiro poranse en escea novas propostas teatrais de gran calidade, como a obra da compañía Malasombra producciones, “Go on”, unha comedia fantástica que vén de percorrer toda Galicia e que está interpretada por grandes da escea galega como Xoque Carbajal e Jouse García.

Comentar noticia

Your email address will not be published.