Charla-coloquio en Tomiño sobre a “Recuperación do espazo público para as persoas” a cargo de expertos

Publicado por o día 10/12/2018 na sección de Galicia,Tomiño

Charla-coloquio en Tomiño sobre a “Recuperación do espazo público para as persoas” a cargo de expertos

Casa da Cultura de Tomiño acollerá o xoves 13 de decembro unha charla-coloquio sobre a “Recuperación do espazo público para as persoas”, a cargo de Fernando Nebot, enxeñeiro de camiños e consultor de mobilidade, e Jeanne Picard, fundadora e delegada en Galicia, de Stop Accidentes.

Organizada pola Deputación de Pontevedra e Club Faro, a charla, presentada por Uxío Benítez (deputado de Mobilidade), comezará ás 20.00 horas.