Charla-Coloquio sobre “A HISTORIA DA LITERATURA FANTÁSTICA” que impartirá DAVID CORTIZO

Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Galicia,Pazos de Borbén

Charla-Coloquio sobre “A HISTORIA DA LITERATURA FANTÁSTICA” que impartirá DAVID CORTIZO

Charla-Coloquio sobre “A HISTORIA DA LITERATURA FANTÁSTICA” que impartirá DAVID CORTIZO, editor de URCO EDITORA, e que terá lugar o próximo Mércores día 19 de decembro no Auditorio do Concello para os escolares de 6º de Primaria e de ESO do CPI “CURROS ENRÍQUEZ” de Pazos. Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS” en colaboración con URCO EDITORA.

Biblioteca Pública Municipal (BiblioPazos)  do Concello de Pazos de Borbén inaugura o próximo día 26 de novembro a exposición “A HISTORIA DA LITERATURA FANTÁSTICA”, unha nova actividade de dinamización e de promoción do libro e a lectura cedida temporalmente pola editorial URCO editora que leva itinerando por centros de ensino, bibliotecas e librarias desde fai uns poucos anos.

A exposición estará ubicada no vestíbulo da Casa do Concello e se poderá visitar ata o día 21 de decembro.

Abrangue desde o nacemento da literatura fantástica da man do mito e o fenómeno relixioso até odesenvolvemento da mesma na nosa lingua, pasando pola novela gótica, o “pulp”, a fantasía épica “tolkiana”, osdistintos subxéneros que se desenvolveron no século XX e moito máis, para ofrecer unha panorámica xeral deste xénero tan demandado por lectoras e lectores de todas as idades.

Está composta de 7 paneis ríxidos de 70 x 100 centímetros estruturados da seguinte forma:

 

1.- O berce da fantasía.

2.- Castelos, fantasmas e Edgar Allan Poe.

3.- Pulp Fiction.

4.- Triloxías, Elfos e un señor chamado Tolkien.

5.- Fantasías modernas e un mundo de posibilidades.

6.- Galiza fantástica.

7.- A besta multiforme: Algúns subxéneros da fantasía.

Para complementar esta actividade o día 19 de decembro ás 13:00 horas terá lugar no Auditorio do Concello unha Charla-coloquio que será impartida polo especialista en literatura fantástica e editor de URCO editora DAVID CORTIZO á que están convidados todos os alumnos de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e todos aqueles socios e usuarios de biblioteca, e veciños que desexen asistir á mesma.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.