Charla de Verónica Romero no Pazo de Mos

A mosense falará do seu proxecto con Chus Lago e Rocío García
Publicado por o día 29/05/2018 na sección de Galicia,Mos

Charla de Verónica Romero no Pazo de Mos

A concelleira de Cultura e Política Social mosense, Sara Cebreiro, informa de que o vindeiro xoves, día 31 de maio, ás 21.00 horas no Pazo de Mos, a alpinista de Mos Verónica Romero ofrecerá unha charla-coloquio titulada ‘Mulleres no xeo: salvemos o Planeta’.

A aventureira mosense falaralles aos/ás asistentes sobre o seu proxecto con Chus Lago e Rocío García, ‘Compromiso por la Tierra. Mil kilómetros sobre el hielo’, que comezou en febreiro de 2016.