A Asociación Veciñal de Teis, organiza unha charla- coloquio con Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, estemércores 5 de abril ás 19:30 horas, no local da asociación, para explicar o proxecto do Campus do Mar na ETEA.
A Asociación sempre apoiou a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, porque permitirá: a presenza da universidade na ETEA, recuperar dous edificios a conservar agora abandonados (Siemens e Faraday), darlle utilidade a estes terreos e compatíbel con outros usos.
Para a Asociación Veciñal de Teis, o desenvolvemento do “Campus do mar” é unha prioridade e non se pode permitir máis atrasos. É necesario o acordo e o entendemento entre as tres administracións (Concello, Xunta e Consorcio) implicadas no desenvolvemento da ETEA.
A “ Cidade do Mar “, esta proxectada desde fai sete anos e impulsada pola Universidade de Vigo, que estivo realizando un gran traballo para por de acordo as diferentes administracións.
A Asociación levamos anos denunciando o abandono dos terreos da ETEA, por parte de ambas administracións Concello e Xunta e reivindicando unha maior implicación nos mesmos.
Agora hai un proxecto e fondos para investir na ETEA, atopámonos coa paralización do mesmo. Chega xa de utilizar a ETEA, para o enfrontamento entre as administracións. Non podemos perder o proxecto do “Campus do Mar” na ETEA.