Charla: Guía de axudas sociais, “como manexarse no labirinto burocrático”

Publicado por o día 14/12/2015 na sección de ODS Coia,Social

Charla: Guía de axudas sociais, “como manexarse no labirinto burocrático”

Boa Vida en colaboración coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo) organizamos unha charla para dar a coñecer a GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS. Será o mércores 16 de decembro ás 20:00 no salón de actos da EPA dePontevedra (Escola de Adultos) na Avda. de Buenos Aires, 22-23.

Descargar (PDF, 2.19MB)

Esta guía realizada pola ODS-Coia xunto coas charlas teñen como obxectivo empoderar ás persoas máis empobrecidas así como facer chegar dita información a profesionais ou colectivos interesados en mellorar as condicións de vida  de todas.

As Oficinas de Dereitos e Deberes Sociais nacen como punto de información, con espírito de loita colectiva, para ser unha ferramenta de apoio e denuncia social en materia de dereitos e deberes das persoas e  gritar que non estamos sós, que xuntos podemos transformar a nosa contorna e o mundo en algo xusto, igualitario, e digno.

PRENSA ODS COIA