Charla sobre a nova Lei de Benestar Animal este martes

LIBERA! e Fundación Franz Weber ‘viran’ pola comunidade explicando a nova norma
Publicado por o día 22/01/2018 na sección de Marea Vigo,Política

Charla sobre a nova Lei de Benestar Animal este martes

A entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal de Galicia e o seu descoñecemento entre a cidadanía levou a conformar unha xira de charlas informativas á Asociación Animalista Libera e á Fundación Franz Weber, que durante esta semana visitarán diferentes municipios, como Pontevedra e Vigo, para tratar de concentrar os puntos novos e os aspectos negativos do texto.

Os animalistas e a Marea de Vigo organizan este martes 23 un dos actos veciñais, ás 7 da tarde no local do grupo político, onde a asesora xurídica Irene Torres e o director europeo de FFW, Leonardo Anselmi, explicarán xunto ao edil Xosé Lois Jácome, o impacto que esta nova norma terá na cidade olívica.

A nova Lei de Benestar Animal obriga aos municipios para adaptar as súas propias ordenanzas, extremo que Vigo non abordou aínda, introducindo figuras inéditas, como a regulación das chamadas “casas de acollida” de animais abandonados e rescatados, a creación de colonias felinas controladas ou a prohibición de empregar fauna silvestre en circos, circunstancia que en Vigo quedou rexeitada xa en 2013.