Charla: Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións

Por o 20/04/2017 | Sección: Asamblea Aberta Coia,Social,Vigo
Charla: Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións

A Asemblea Aberta de Coia retoma a súa actividade este sábado 22 de abril. O motivo do regreso, de novo, a represión que volve a golpear en forma de procedemento xudicial a un rapaz do barrio.

Saúl, veciño do barrio, compañeiro e membro da Asemblea enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita dous anos de prisión e 4.800 € de multa por facer cancións con contido reivindicativo.

Dende a Aemblea queremos amosar toda a nosa solidariedade con Saúl, e coas demáis persoas que afrontan procesos similares, polos mesmos feitos. Xa que nos parece absolutamente desproporcionada a intención de castigar a loita social, en calquera das súas manifestacións, con altas penas de prisión.

Co fin de explicar a súa situación, e das compañeiras do colectivo La Insurgencia, Sául, falará sobre o seu caso. Entre todas partillaremos ferramentas de defensa colectiva e protección común perante a crecente represión exercida dende os poderes.

A charla leva por título. “Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións”. Será o sábado 22 de abril a partires das 19:30 no salón de actos da parroquia do “Cristo da Vitoria” en Coia (Vigo).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.