Charla sobre «Vacina da gripe, mitos e verdades» o 19 de outubro no Centro Cultural da Guarda

Publicado por o día 15/10/2018 na sección de A Guarda,Galicia

Charla sobre «Vacina da gripe, mitos e verdades» o 19 de outubro no Centro Cultural da Guarda

O vindeiro venres día 19 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle a Charla «Vacina da gripe, mitos e verdades» que terá lugar ás 20:00h e que contará coas ponencias de Mar de la Peña Cristiá e Carmen Mosquera Pérez.

Nesta charla informativa e aberta a toda a cidadanía, falarase sobre que é a vacina da gripe e a súa utilidade, a que grupo de persoas se debe vacinar, o impacto da vacinación en anos anteriores, posibles reaccións das vacinas, como é o funcionamento da campaña de vacinación no Servizo de atención Primaria da Guarda, entre outros temas de interese.

Carmen Mosquera, Xefa de Servizo do Centro de Saúde da Guarda, convida a toda a poboación a asistir a esta charla para comentar todas as dúbidas que podan xurdir sobre as vacinas e estar informado sobre as mesmas.