Charla “Teoría monetaria moderna”

Publicado por o día 03/11/2016 na sección de Cultura,Esquerda Unida,Política,Vigo

Charla “Teoría monetaria moderna”

Charla “Teoría monetaria moderna: a esperanza económica da esquerda”, que terá lugar o xoves 10 de novembro ás 19:30 horas no Auditorio do Paraninfo do antigo Reitorado de Vigo (rúa Oporto, 1).

Eduardo Garzón, Membro do Consello Científico de ATTAC, Doutor en Economía e colaborador de diversos medios de comunicación, falará das novas teorías económicas, cruciais para actualizar o noso discurso económico.

Será presentado por Manuel Lago, Deputado por En Marea no Parlamento Galego, economista especialista en Mercado de Traballo e profesor universitario, alén de colaborador de diversos medios.