Chega o outono coa Noite dos Calacús e magostos por toda a cidade

Están previstos magostos no Burgo e en Monte Porreiro, o 9 de novembro; e o 16 de novembro na praza da Curtidoira do barrio de Eduardo Pondal.
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Chega o outono coa Noite dos Calacús e magostos por toda a cidade

Coa chegada do Outono, volve ao calendario municipal festivo a tradicional Noite dos Calacús e distintos magostos celebrados polas entidades veciñais en distintos puntos da cidade, en colaboración coa Concellaría de Dinamización Sociocultural que dirixe Carme da Silva. Actividades infantís, música, castañas e cabazas serán os ingredientes da benvida aos magostos.

A Noite dos Calacús volve este xoves, 31 de outubro, á praza da Verdura (se chove trasladarase aos soportais da praza da Ferraría) para facer obradoiros infantís con cabazas e seguindo a tradición do Samaín. A actividade comezará ás 18.00 horas.

Concello tamén colabora cos veciños na organización do Magosto que se celebrará na tarde do 16 de novembro na praza da Curtidoira, no barrio de Eduardo Pondal.

O 9 de novembro serán os de o Burgo e o de Monte Porreiro.