Chegan os famosos Papa Noeles surferos de Patos!! Este ano máis solidarios que nunca.

Van 11 edicións nas que o Patos Surf club celebra o Nadal ao grande cos seus Papa Noeles surferos
Publicado por o día 20/12/2017 na sección de Deportes,Galicia,Nigrán

Chegan os famosos Papa Noeles surferos de Patos!! Este ano máis solidarios que nunca.

Van 11 edicións nas que o Patos Surf club celebra o Nadal ao grande cos seus Papa Noeles surferos, que cambian o tradicional abrigo, por traxes de licra de cor vermella. Trátase dunha iniciativa do Patos surf club en colaboración co concello de Nigran, que leva xa 11 anos cumprindo con este rito para celebrar o Nadal e o peche da súa tempada deportiva Durante a festa do Nadal surfera, tamén se imparten  cursos de surf e bodyboard gratuítos de todas as idades, así como unha pequena clase de iniciación ao Pádel Board.

Co fin de promocionar o deporte e as actividades náuticas entre os veciños de Nigran. Este orixinal mergullo xa se converteu en toda unha tradición no municipio de Nigrán, á que cada vez se apuntan máis amantes das ondas e porque ademais é unha xornada de achegamento gratuíto a este deporte.

Y para acabar a sesión de surf en pleno decembro un chocolate calentito e unhas chucherías do Nadal. Esta actividade  ten unha gran repercusión en televisións autonómicas e nacionais, ademais dunha gran cobertura xornalística debido ás datas na que se realiza.

Este ano celebraremos a chegada do Nadal o vindeiro venres 23 de decembro ás 11 h. Iremos á auga a surfear cun gorro de papa Noel e ao acabar uns doces do Nadal e Cola Cao calentito.

ESTE ANO COLABORAMOS COS SERVIZOS SOCIAIS DE NIGRÁN. Pedimos a cada participante que asista a esta xornada que traia 1Kg de alimento. A poder ser non perecedoiro (pasta, arroz, legumes, etc.). Tamén pode ser cacao, leite, doces do Nadal… Calquera alimento será ben recibido.

Esperámosvos a todos e dámosvos as grazas por anticipado polo voso apoio a esta causa.