Chelo Rodríguez e Tino Canicoba mostran as súas «Reflexións» nunha exposición conxunta en Vigo

Publicado por o día 06/11/2013 na sección de Cultura

Chelo Rodríguez e Tino Canicoba mostran as súas «Reflexións» nunha exposición conxunta en Vigo

  Os artistas Chelo Rodríguez e Tino Canicoba inaugurarán mañá xoves ás 20.00 h no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia a exposición «Reflexións» que permanecerá aberta na Sala I deste espacio ata o vindeiro 7 de decembro. A mostra, que está formada por 46 esculturas e óleos, poderá visitarse de luns a sábado en horario de 17.30 h a 20.30 h.

  Chelo Rodríguez, pintora nacida en O Porriño, presenta nesta mostra un total de 28 óleos nos que, en palabras do artista Alfonso Costa “Aprehende do mundo real das imaxes, as vivencias, para así proxectalas no seu interior creando un mundo exquisito, pleno de cromatismos: o xogo da razón, o taboleiro de xadrez deseñado como un campo de batalla (…) Convídanos a reflexionar sobre a necesidade de divertirnos, admitindo que todo xogo ten algo de azar e moito de precisión da mente”. A artista, que mostrou su produción nas salas de arte de toda Galicia, noutras cidades españolas como Madrid e Barcelona, en París ou nas localidades portuguesas de MonÇao e ValenÇa do Minho, é para o escritor José C. Espinosa “unha artista con unha enorme vocación (…) Hai en toda a súa obra unha pincelada firme e monumental, con diversas texturas que se funden no óleo, en perfecta harmonía coa ousadía do color e unha impecable técnica”.

  A proposta de Tino Canicoba nesta exposición céntrase en 18 esculturas de gran, mediano e pequeno formato en madeira de castaño, pedra e bronce. Con «Reflexións», o artista quere falar de impresións e estados de ánimo “porque o que eu procuro ao lo longo de toda a miña obra é encontrar a esencia do ser humano e sacala á superficie prescindindo da envoltura física. Agora, tras varios anos sen expoñer necesito coñecer a reacción que provoca a miña obra”.

  As obras deste escultor compostelán, asentado na cidade de Vigo desde hai anos, simbolizan para M. Sío Dopeso “unha ampla gama de emocións, desde a resignación á desesperación, pasando pola extravagancia. Tanto en bronce, como en pedra ou madeira, a súa intención nunca é anecdótica”. Sobre el engade Xosé Luís Méndez Ferrín “Noto a presenza dun escultor con varias vocacións; unha delas a de construtor de releves, non demasiado valorados no noso século (…) Aprecio un escultor que ten presente a color, que nel non é policromía como fora no Románico (…) E maiormente, o noso escultor é un mestre das formas ceibes, un adicto do dispararse na liberdade A Fundación Novacaixagalicia, entidade herdeira da obra social e cultural das caixas de aforros, ten entre os seus obxectivos fundacionais o fortalecemento do tecido social galego, o fomento do emprego e a difusión da cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións. Logo de se adaptar ao actual contexto socioeconómico que a situou perante novos sistemas de xestión, a entidade continúa a traballar a prol dos seus propósitos fundacionais e primixenios, porque segue a ser consciente de que o fortalecemento do sector social e cultural é fundamental para o avance de Galicia.