Chocan tres camións en San Cibrao sen que ningunha persoa resultara ferida

Publicado por o día 10/09/2018 na sección de Sucesos

Chocan tres camións en San Cibrao sen que ningunha persoa resultara ferida

Un choque por alcance entre tres camións deixou, unicamente, danos materiais en  San Cibrao das Viñas.

Ao fío das 11:00 horas, un dos condutores implicados poñía en alerta ao persoal do 112 Galicia. Indicaba que acaban de chocar, por alcance,  tres camións nunha rotonda, na Rúa número 1, no Polígono Industrial de San Cibrao. Aseguraba que ningún dos condutores resultara ferido e, pese ao impacto, os danos materiais tamén eran escasos. Ningún dos vehículos tivo que ser inmobilizado.

Ata o lugar, nada mais ser alertados polo 112 Galicia desprazáronse os axentes de Tráfico e os Bombeiros de San Cibrao.