Con máis de 43 doadores por millón de habitantes, España segue a ser líder mundial en doazóns e transplantes. Aínda así a ONT tenta mellorar esta cifra. O Complexo Hospitalario da Coruña ten en marcha un programa para que cando unha persoa falece por unha parada cardiorrespiratoria, esa posible doazón non se perda. Persoal de urxencias de toda Galicia reciben hoxe formación no hospital coruñés.
Unha persoa nova falece subitamente por mor dunha parada cardiorespiratoria. Despois de levar a cabo o protocolo para salvarlle a vida, agora activase outro: o de conseguir que os seus órganos poidan ser aptos para un transplante. 20 profesionais de urxencias de toda Galicia reciben hoxe formación no Complexo Hospitalaio da Coruña, para coñecer os pasos clave deste protocolo.
Polo momento, o coruñés é o único hospital galego que traballa xa co programa de doazón en asistolia non controlada. O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ten previsto comezalo en breve.
Noticias de última hora en Vigo