O CHUVI recibe a acreditación nacional de excelencia asistencial en ecocardiografía transesofáxica

O Complexo hospitalario vigués figura entre os 12 primeiros hospitais españois que reciben este acreditación da Sociedad Española de Cardiología, en recoñecemento ao cumprimento dos estándares de calidade
Por o 01/03/2018 | Sección: Sanidad,Vigo
O CHUVI recibe a acreditación nacional de excelencia asistencial en ecocardiografía transesofáxica

O Complexo hospitalario vigués figura entre os 12 primeiros hospitais españois que reciben este acreditación da Sociedad Española de Cardiología, en recoñecemento ao cumprimento dos estándares de calidade O xefe do servizo de Cardioloxía da EOXI de Vigo, o doutor Andrés Iñiguez recolleu onte en Madrid o certificado da acreditación e dixo que “O obxectivo último deste programa de acreditacións de excelencia é mellorar a calidade de vida dos pacientes con enfermidade cardiovascular”-.

O ecocardiograma transesofáxico (ETE) é unha técnica semi-invasora de máxima importancia no diagnóstico das enfermidades cardiovasculares, así como na monitorización da maioría de cirurxías cardíacas e das distintas técnicas de cardioloxía intervencionista.

Nun contexto onde resulta necesario desenvolver estándares e guías de actuación que garantan a calidade dos procesos sanitarios, a Sociedad Española de Cardiología (SEC) otorgou onte a acreditación SEC-EXCELENTE ecocardiograma transesofáxico a 12 hospitais de nove comunidades autónomas que cumpren os estándares de calidade para adherirse a este procedemento. O CHUVI é o único hospital galego en recibir esta acreditación.

Programa de calidade

O procedemento do ecocardiograma transesofáxico enmárcase dentro do proxecto SECEXCELENTE, co obxectivo de contribuír á mellora continua da calidade asistencial tanto no ámbito dos servizos clínicos como na ordenación e xestión dos recursos.

Este proxecto forma parte dun programa máis amplo de calidade, que ten por finalidade reducir a morbimortalidade das enfermidades cardiovasculares, a través de protocolizar as actuacións nos principais procesos e procedementos cardiovasculares para reducir a variabilidade clínica; de mellorar a asistencia directa a pacientes con morte súbita; de proporcionar criterios para avanzar na xestión de activos tecnolóxicos de imaxe cardiovascular; e de progresar na continuidade asistencial entre a asistencia hospitalaria e a Atención Primaria.

Proceso de acreditación

O proceso de acreditación do procedemento de ecocardiograma transesofáxico consta de tres fases: revisión da documentación solicitada, auditoría e informe final coa conseguinte emisión do certificado de acreditación de excelencia.

Tras a revisión de toda a documentación aportada, elabórase un informe de auditoría, cunha descrición dos achados e opcións de mellora si se precisa, así como unha proposta de acreditación (ou rechazo) da acreditación, que se eleva ao Comité Científico de SECEXCELENTE, que realizará a valoración final.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.