Ciclistas feridos en Redondela

Publicado por o día 15/07/2020 na sección de Galicia,Redondela,Sucesos

Ciclistas feridos en Redondela

En Redondela, un ciclista resultou ferido ao caer da bicicleta cando circulaba pola PO-250, á altura do punto quilométrico 4. Foi o mesmo persoal sanitario quen, sobre as 20:00 horas da tarde pasada, chamou ao 112 Galicia para comunicar que o helicóptero medicalizado con base en Ourense se desprazaba ata o lugar, por mor da caída dun ciclista.

Con estes datos, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e da Policía Local.

Ademais, á primeira hora desta mañá, sobre as 08:15:00 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para un ciclista que acababa de atropelar na rotonda da Ponte Internacional, en Goián, na localidade pontevedresa de Tomiño.

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia e da Garda Civil de Tráfico. Tamén foron informados os Bombeiros de Porriño e os membros do GES da Guarda e de Protección Civil de Tomiño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.