Ciclo de cine e concerto do quinteto de metais Hércules Brass no marco de «Sonoro empeño»

A Sede Afundación de Vigo acollerá a proxección de Mr. Turner mañá e un concerto en homenaxe a Rafael Úbeda o xoves
Publicado por o día 15/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Ciclo de cine e concerto do quinteto de metais Hércules Brass no marco de «Sonoro empeño»

No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», exposto actualmente na Sede Afundación de Vigo, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias.

Mañá mércores 16 de outubro comeza o ciclo de cinema «Sonoro empeño» conformado por cinco películas que teñen a arte como elemento común. A primeira proxección será do filme Mr. Turner a partir das 19.30 h na Sede Afundación de Vigo. A entrada é gratuíta pero é preciso retirar a invitación na web Ataquilla.com.

Mr. Turner (Mike Leigh, 2014) narra a vida do pintor británico J. M.W. Turner. Artista recoñecido, ilustre membro da Royal Academy of Arts, vive co seu pai e a súa ama de chaves. É membro da aristocracia, visita bordeis e viaxa frecuentemente na procura de inspiración. A pesar da súa fama, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Profundamente afectado pola morte do seu pai, decide illarse. A súa vida cambia cando coñece a Mrs Booth, propietaria dunha pensión familiar á beira do mar.

A programación continuará o xoves 17 de outubro co quinteto de metais Hércules Brass que ofrecerá un concerto en homenaxe ao pintor Rafael Úbeda, de cuxa obra se

pode gozar nesta exposición. Interpretarán Promenade para unha exposición de Rafael Úbeda, de Juan Durán, unha obra que xoga co espazo e o tempo; continuará con Distorsións Ubedianas, de R. Groba, e Juegos tímbricos, de Juan Durán, composta en 1994 para a inauguración dunha exposición do artista pontevedrés. Finalizará coa Toccata e fuga en re menor de J. S. Bach. Será ás 18.00 h na Sede Afundación de Vigo de xeito gratuíto, pero é preciso inscribirse nesta ligazón.

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fose dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

A EXPOSICIÓN

A través de 51 piezas firmadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago o Susana Solano entre otros, este proyecto expositivo ilustra la relación y los puntos en común que comparten la música y las artes plásticas. Mediante obras pertenecientes a las Colecciones de arte de ABANCA y Afundación, asume el ambicioso reto de mostrar este vínculo, un tema recurrente a lo largo de la historia del arte que fue objeto de numerosas teorizaciones y reflexiones y dio pie a nuevas formas creativas.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 4 de xaneiro na Sede Afundación de Vigo, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados, de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Comentar noticia

Your email address will not be published.