Cidadáns Baiona solicita ao concello que se adhira ao programa “Doing Bussines Galicia”

Adolfo Valverde Quintas: “Debemos aproveitar todas as oportunidades para atraer empresas que cren postos de traballo para os nosos veciños.”
Publicado por o día 06/02/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Cidadáns Baiona solicita ao concello que se adhira ao programa “Doing Bussines Galicia”

Cidadáns Baiona solicita ao concello que se adhira ao programa “Doing Bussines Galicia”, unha plataforma de colaboración da Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a redución das cargas administrativas ás empresas.

Outros concellos sumáronse xa a esta iniciativa facendo máis atractivos os seus polígonos e o seu chan industrial, captando así, novas empresas e emprendedores que deciden comezar ou realizar a súa actividade produtiva nestas localidades.

Desde Cidadáns valórase como “moi necesario” que Baiona pase a ser un dos integrantes da lista de concellos que contan con estas axudas ao emprendemento e por iso, desde a agrupación da formación laranxa na localidade presentouse un escrito para pedir ao goberno local que se some. “É sen dúbida unha oportunidade para atraer empresas e xerar novos postos de traballo non debemos desperdiciala” comentou o portavoz de Cs,  Valverde Quintas.

Desde Cidadáns Baiona, o seu portavoz valora positivamente estas axudas que se fan efectivas mediante incentivos e bonificacións do IBI (Imposto de Bens inmobles), do IAE (Imposto de Actividades Económicas) e do ICIO (Imposto de Construción, Instalacións e obras) para aquelas empresas que xeren emprego no municipio. “Baiona necesita atraer investidores.  Os nosos ingresos por IAE son moi baixos e  a estacionalidade do turismo provoca uns *indices de desemprego que desde a Administración pública local debemos combater utilizando todas as ferramentas postas a disposición”.