Cidadáns Galicia estivo presente na manifestación pola unidade de España en Madrid

Olga Louzao: “os españois queremos ir votar e poder elixir un presidente de goberno”
Por o 11/02/2019 | Sección: Ciudadanos,Política
Cidadáns Galicia estivo presente na manifestación pola unidade de España en Madrid
Unha ampla representación de membros de Cidadáns Galicia acudiu onte a Madrid para apoiar coa súa presenza a concentración convocada por Albert Rivera o pasado mércores e que chamaba a todos os españois a reunirse nunha concentración pedindo a Sánchez eleccións baixo o lema “Por unha España unida”.
 
Ata Madrid chegaron varios centenares de afiliados e simpatizantes de Cidadáns Galicia encabezados pola portavoz galega Olga Louzao, polo secretario de organización autonómico, Laureano Bermejo e pola secretaria de relacións institucionais da formación laranxa en Galicia, María Vilas, quixeron alzar a súa voz para dicir NON ao separatismo e SI a España. “Xa basta de que os separatistas nos marquen o camiño e que o conxunto dos españois esteamos ao servizo dos que queren liquidar este país” sinalou a portavoz autonómica durante a marcha en Madrid, onde resaltou o feito de que fosen superadas as expectativas e que “miles de españois esteamos aquí para dicirlle NON a Sánchez e SI a España, queremos gritar non aos indultos e os privilexios e si á xustiza e a constitución: queremos votar, queremos ir ás urnas”.
 
A portavoz autonómica mostrouse ademais orgullosa de que fosen miles os españois, chegados de todas partes e congregados, case 200.000 mil persoas, e entre eles, dixo, “moitos galegos sumándonos a esta marcha e traendo ata Madrid tamén desde Galicia o noso hartazgo e esixencia de eleccións”.
 
Louazo lembrou a importancia de “mostrar o noso rexeitamento absoluto a este tipo de goberno que non nos representa e por iso temos que defender por encima de todo as nosas institucións como espazos nos que é posible o diálogo e o respecto e a toma de decisións dentro da nosa democracia”. “Ao Sr Sánchez o único que lle importa é manterse e agora á conta das bases constitucionalistas do noso país e iso non llo imos a permitir. Xa abonda”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.