Cidadáns leva ao Congreso a creación dunha unidade UPR adscrita á Comisaría de Pontevedra

O partido pregunta tamén, a instancia de Cidadáns Pontevedra, polo posicionamento do Goberno central sobre a mesa de diálogo para o traslado de Ence
Por o 26/10/2018 | Sección: Ciudadanos,Política
Cidadáns leva ao Congreso a creación dunha unidade UPR adscrita á Comisaría de Pontevedra
O Grupo Parlamentario de Cidadáns presentou no Congreso dos Deputados dúas preguntas, a instancia de Cidadáns Pontevedra tras as reunións mantidas sobre estes asuntos.
 
Na primeira delas o deputado Miguel Gutiérrez pregunta ao Goberno español sobre as súas intencións acerca da creación dunha unidade UPR adscrita á Comisaría de Pontevedra que, ademais de dar cobertura en concentracións, eventos públicos ou actividades delituosas, axudaría a paliar a falta de efectivos policiais na cidade. Gutiérrez, quere saber se esta unidade está prevista e os posibles prazos para executala.
 
“A posta en marcha dunha UPR en Pontevedra é unha aposta de Cs Pontevedra pola que levamos moito tempo loitando” sinalou María Rey, concelleira de Cs en Pontevedra, quen precisou ademais que neste tema “ Cs apoia as reivindicacións do sindicato policial UFP porque Pontevedra precisa desta unidade de forma urxente, a fin de paliar a actual escaseza de efectivos na cidade”.
 
Neste sentido, na pregunta parlamentaria, Cidadáns remarca que na actualidade, dos 262 funcionarios policiais que lle corresponderían a Pontevedra en relación ao seu número de habitantes, están ocupadas 192 prazas,“o que supón que existen 70 efectivos menos dos necesarios para garantir a seguridade da poboación”. A creación da UPR supoñería a dotación mínima de 30 novas prazas.
 
En Congreso, o deputado José Cano presentou ademais unha pregunta ao Goberno para coñecer a súa postura sobre a iniciativa do PSdG-PSOE de Pontevedra para abrir unha mesa de diálogo para o traslado da fábrica de Ence e as súas propostas para levar a cabo este traslado. Tamén pregunta se o Executivo esperará á resolución do proceso xudicial sobre a prórroga da concesión de Ence para tomar decisións. María Rey lembrou que Cidadáns Pontevedra xa cualificou a proposta dos socialistas pontevedreses de “política de ciencia ficción”. “Cidadáns -subliñou-considera necesario esperar á resolución do proceso xudicial aberto contra a prórroga da concesión de Costas a Ence en lugar de lanzar iniciativas pouco serias”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.