Cidadáns Marín solicita ao concello a posta en marcha dunha campaña de concienciación para a recollida de excrementos caninos

Roberto Recamán: “concienciar sobre a correcta tenencia de mascotas é moi necesario para dar solución a este problema que afecta a todos os usuarios das zonas de uso común das cidades”
Por o 03/01/2019 | Sección: Ciudadanos,Política
Cidadáns Marín solicita ao concello a posta en marcha dunha campaña de concienciación para a recollida de excrementos caninos
Compartir en:

Cidadáns Marín solicita ao Concello a creación e posta en marcha dunha campaña de concienciación para a recollida de excrementos caninos. “A nosa cidade non é allea á problemática que supón a presenza de excrementos de cans nas nosas rúas, situación que vai ligada á falta de civismo dalgúns veciños e veciñas. A pesar de que a maioría son respectuosos, é frecuente atoparnos as feces destas mascotas en calquera parte da cidade” explica Roberto Recamán, portavoz de Cs na localidade.

Por iso, desde a agrupación laranxa en Marín, presentouse un escrito para axudar a que se conciencie á cidadanía solicitando no mesmo que desde o concello póñase en marcha un plan de comunicación orientado á sensibilización cidadá.

“Trátase dun problema de saúde pública e de sensibilización ambiental”, explica Recamán, por tanto, para poder mellorar a calidade de vida e a convivencia de todos os veciños e veciñas, “é necesaria a colaboración de toda a cidadanía, así como a participación do noso Concello en campañas que conciencien sobre o problema que supón este tipo de comportamentos incívicos”.

“Estamos convencidos de que é imprescindible impulsar unha campaña “eficaz, sensata e seria” que involucre aos diferentes axentes da cidade” sinala Recamán, quen propón que algunhas desas medidas poderían ser por exemplo o “organizar charlas de sensibilización a través das distintas ferramentas que poida ofrecer o Concello, colocar carteis en vías públicas, repartir folletos en centros educativos, clínicas veterinarias e establecementos dedicados á venda de mascotas”, e mesmo, sinala o portavoz de Cs, “contando coa colaboración da propia Policía Local, iniciando unha campaña que implique charlas ou talleres en centros educativos, ou a pé de rúa con folletos que ademais inclúan bolsas destinadas á recollida das feces” .

É necesario que os cidadáns que gozan da cidade coas súas mascotas entendan o problema que supón non recoller as defecaciones dos animais nas vías públicas. “Desde Cs queremos incluír na futura ordenanza municipal a obrigación de recoller os excrementos dos espazos públicos e privados de uso común xa que estes espazos son de todos e cada un de nós ten dereito a gozar de eles”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.