Cidadáns Ourense asiste incrédulo aos pactos de PP e PSOE no Concello de Ourense

Alberto Rodríguez: “En toda a lexislatura, PP e PSOE só se apoiaron para o aumento dos asesores e agora para seguir mantendo un proxecto que fora declarado polo propio partido socialista, cando gobernaba en Madrid, como un pendello”
Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Eventos

Cidadáns Ourense asiste incrédulo aos pactos de PP e PSOE no  Concello de Ourense

Cidadáns Ourense está perplexo polo pacto levado a cabo recentemente entre ambas as formacións políticas mantendo un proxecto para a Estación Intermodal do AVE que fora definido no pasado como un proxecto de baixas aspiracións.

O portavoz da agrupación, Alberto Rodríguez, lembra “En toda a lexislatura, PP e PSOE só se apoiaron para o aumento dos asesores e agora para seguir mantendo un proxecto que fora declarado polo propio partido socialista, cando gobernaba en Madrid, como un pendello”.

Desde a formación laranxa non se concibe como un proxecto, que hai meses foi considerado pouco máis que un desastre, agora sexa válido para a cidade e para os seus veciños. “Gustaríanos que o señor Vázquez Barqueiro explicase por que apoia agora este proxecto ao que o seu partido desprezou con tanto afán”, reclama Rodríguez.