Cidadáns pregunta ao Congreso sobre o elevado número de sinistros producidos nas estradas galegas

A Central de Coordinación do 061 recibiu entre as 15.00 horas do 25 de xaneiro e as 23.59 horas do 27 de xaneiro un total de 49 chamadas relativas a sinistros nas estradas galegas,
Publicado por o día 08/02/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Cidadáns pregunta ao Congreso sobre o elevado número de sinistros producidos nas estradas galegas

Segundo os datos proporcionados polo 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15.00 horas do 25 de xaneiro e as 23.59 horas do 27 de xaneiro un total de 49 chamadas relativas a sinistros nas estradas galegas,

Os servizos de emerxencias atenderon a un total de 50 persoas debido a 39 accidentes de tráfico rexistrados ao longo da fin de semana:  A provincia de Pontevedra rexistrou 16 accidentes, A Coruña 14, Lugo 5 e Ourense 4.

Por todo iso, desde Cidadáns, A Deputada Irene Rivera Andrés do Grupo Parlamentario de Cidadáns, ao amparo do disposto no artigo 185 e seguintes, do vixente Regulamento da Cámara, presentou a seguinte pregunta para a que se solicita resposta por escrito sobre o número de sinistros producidos nas estradas galegas na citada fin de semana:

  1. ¿Que medidas pretende levar a cabo o Goberno de España de forma coordinada coa Xunta de Galicia para que estes alarmantes datos de sinistralidade non volvan repetirse?