Cidadáns pregunta ao Congreso sobre o nomeamento como delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo de David Regades

Javier Alonso, Portavoz de Cs Pontevedra considera que “é un nomeamento que sorprendeu a moitos e que suscita suspicacias polo que consideramos que é necesario dar explicacións”
Por o 12/10/2018 | Sección: Ciudadanos,Política
Cidadáns pregunta ao Congreso sobre o nomeamento como delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo de David  Regades
Compartir en:

Tras as críticas que o novo nomeamento de David Regades como Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo levantou entre diversos representantes políticos e cidadanía, desde Cidadáns, a través do seu representante, o Deputado Miguel Gutiérrez, presentouse unha pregunta ao Congreso para coñecer, en detalle, as razóns obxectivas que levaron ao Goberno para facer este nomeamento.

Javier Alonso, portavoz de Cs na provincia de Pontevedra explica que con esta pregunta presentada “desde a formación laranxa, queremos saber en primeiro lugar que criterio técnico motivou ao Goberno de España a tomar a decisión de nomear a David Regades Delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo destituíndo á anterior Delegada do Goberno, saber se o Goberno de España cre que David Regades ten a capacidade técnica e profesional necesaria para desempeñar as funcións propias do seu cargo, dado que nunca desempeñara uns labores similares”. Na mesma pregunta presentada, concreta Alonso “demandamos, ademais, información sobre a “gran vinculación política” que o Sr. Regades ten co alcalde da cidade”.

Desde Cidadáns tómase en valor as críticas que sobre este asunto vertéronse, e que consideran que este nomeamento pode supoñer un risco para o crecemento das empresas, o comercio internacional e o desenvolvemento económico da zona que, é o obxectivo do Consorcio, pasando a satisfacer os seus intereses políticos e os do alcalde.

O portavoz provincial de Cs aclarou que “estamos aínda á espera de resposta” a esta pregunta que consideramos “moi importante” dixo Alonso, xa que “cremos, que tal e como se apunta, o Sr. Regades pode estar falto da capacidade técnica e da experiencia necesaria para levar a cabo un labor tan importante como é o crecemento económico e empresarial da zona”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.