Cidadáns pregunta ao Goberno polo estado de diferentes estradas galegas

Desde Cidadáns quérese saber que actuacións levou a cabo o Goberno para mellorar a seguridade viaria e o mantemento de estradas de Pontevedra como son a N-541 e N-640 e N-550
Por o 13/01/2019 | Sección: Ciudadanos,Política
Cidadáns pregunta ao Goberno polo estado de diferentes estradas galegas
Desde Cidadáns requiriuse ao Goberno central que de resposta á “grave situación de perigo” que presentan diferentes tramos da rede viaria galega. As preguntas presentadas refírense a tramos das diferentes estradas da comunidade autónoma e en concreto en Pontevedra incumben ás estradas N-541 e N-640 e N-550.
 
O encargado de presentar estas preguntas ao Congreso foi Fernando Navarro Fernández-Rodríguez, Deputado do Grupo Parlamentario Cidadáns, quen solicita resposta ao Goberno central sobre o tema, baseándose no Informe EuroRAP, que analiza o risco das vías que forman a Rede de Estradas do Estado, tendo en conta a avaliación dos sinistros durante os tres últimos anos, a súa gravidade e a súa relación coas características da vía.
 
O resultado deste informe estrutúrase segundo un “Índice de Risco”, definido como o número de accidentes mortais e graves ocorridos nun tramo por cada 1.000 millóns de vehículos/quilómetro. Estudado este informe, desde Cidadáns solicítase por tanto, resposta ás seguintes preguntas relativas a estradas sitas en Galicia e en concreto no que respecta á provincia de Pontevedra, os tramos de risco son os seguintes:
 
N-541 entre os puntos quilométricos 75,2 e 87,0 (risco alto).
 
N-640 entre os puntos quilométricos 226,5 e 238,6 (risco alto).
 
N-550 entre os puntos quilométricos 131,7 e 142,2.
 
En relación ao anterior, formúlanse as seguintes preguntas:
 
Como valora o Goberno o estado dos tramos sinalados na exposición de motivos?
 
Que actuacións levou a cabo o Goberno para mellorar a seguridade viaria e/ou para mantemento nos tramos sinalados na exposición de motivos?
 
Concretamente, que investimentos levou a cabo o Goberno para mellorar a seguridade viaria e/ou para mantemento nos tramos sinalados na exposición de motivos en 2018?
 
Que investimentos pensa levar a cabo o Goberno para mellorar a seguridade viaria e/ou para mantemento nos tramos sinalados na exposición de motivos en 2019?

Comentar noticia

Your email address will not be published.