Cidadáns pregunta no Congreso pola apertura dos tramos do AVE entre Zamora e Galicia

As deputadas galegas da formación liberal Beatriz Piñeiro e María Vilas presentan xunto ao deputado de Cs por Zamora, José Antonio Bartolomeu, varias preguntas parlamentarias relacionados cos prazos previstos para o AVE Madrid-Galicia.
Publicado por o día 10/09/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Cidadáns pregunta no Congreso pola apertura dos tramos do AVE entre Zamora e Galicia
As deputadas galegas de Cidadáns, Beatriz Pino e María Vilas, presentaron xunto co deputado da formación liberal por Zamora, José Antonio Bartolomeu, unha batería de preguntas relacionadas coa apertura dos tramos das liñas de AVE comprendida entre Zamora e Pedralba de la Pradería e Predalba da Pradería e Ourense, correspondentes á liña de alta velocidade Madrid-Galicia.
 
“Para Galicia o AVE é vital e desde Cs estamos a facer un seguimento constante das obras que deben traer dunha vez a alta velocidade á nosa comunidade, de aí as nosas preguntas de control ao goberno”, segundo sinalou a deputada Pino.
 
Os deputados da formación liberal han insistido en querer coñecer os prazos xa que que o Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, anunciou o pasado 12 de xullo que as obras dos tramos de alta velocidade entre Zamora e Pedralba de la Pradería e Predalba da Pradería e Ourense estarían terminadas antes de que finalice o ano.
 
Pino insistiu que en Cs “queremos saber prazos e estado da apertura da liña do AVE Madrid-Galicia, entre Zamora-Pedralba de la Pradería-Ourense”.
 
Os deputados da formación liberal tamén preguntaron polo punto no que se atopan as probas de auscultación por parte de ADIF ou en que data teñen previsto comezar as probas de fiabilidade do tramo entre Zamora e Pedralba de la Pradería.

Comentar noticia

Your email address will not be published.