Cidadáns propón reservar unha cota de prazas na Policía Local para militares que abandonan o Exército ao cumprir 45 anos

O adianto da idade de xubilación dos policías locais, aprobada o pasado venres polo Consello de Ministros, pode deixar sen unha terceira parte dos seus efectivos ao corpo lucense
Por o 19/12/2018 | Sección: Ciudadanos,Política
Cidadáns propón reservar unha cota de prazas na Policía Local para militares que abandonan o Exército ao cumprir 45 anos
O Grupo Municipal de Cidadáns no Concello de Lugo propón ao Goberno municipal facilitar a entrada de membros do Exército profesional na Policía Local da cidade.
 
A través dunha proposición que a portavoz de Cidadáns no Concello, Olga Louzao, defenderá no Pleno da próxima semana, a formación laranxa explica que “o adianto aos 59 anos da idade de xubilación dos policías locais, aprobada o pasado venres polo Consello de Ministros, pode deixar á Policía Local de Lugo nunha situación crítica ao quedar sen unha terceira parte dos seus efectivos pola posible xubilación de 38 dos 113 axentes cos que conta na actualidade este corpo”.
 
Olga Louzao propón que, como xa se está facendo noutras cidades como Zaragoza, o Concello reserve unha cota de prazas específico destinado á incorporación á vida civil como axentes da Policía Local de militares de tropa e mariñeiría que ven obrigados a abandonar o Exército profesional ao cumprir os 45 anos.
 
“Está claro que a Policía Local de Lugo é neste momento un corpo carente da disciplina necesaria para levar a cabo as funcións que ten encomendadas”, asegura a portavoz de Cidadáns, que considera ademais que “a entrada de aire fresco no corpo mediante a incorporación de persoas con formación e experiencia en materia de seguridade e afeitas traballar en equipo, como é o caso dos profesionais do Exército, contribuiría a poñer orde e normalizar o funcionamento da Policía Local de Lugo”.
 
Este incremento de efectivos proposto por Cidadáns permitiría á Policía Local de Lugo “atender novas funcións”. Entre elas, Olga Louzao, propón “a creación dunha unidade específica de violencia de xénero, coa que contan xa outras Policías Locais, para protexer, acompañar e dar seguridade ás vítimas”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.